Continuamos coa actividade de expresión escénica con usuari@s do centro S.Xerome Emiliani da Guarda.
Nestas sesións atopamos un espazo onde integrar diversas formas de estimularnos, de coñecernos a nós mesmos e de explorar o que acontece no entorno máis próximo.
Traballamos intentando facer de cada momento algo significativo, creando atmósferas e climas sensorialmente estimulantes con elementos sinxelos, música e iluminación.
Para que tod@s teñamos a oportunidade de participar da creatividade, de estar presentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario