venres, 27 de novembro de 2015

Most malicious murder



Fabba Investigations – A Most Malicious Murder!
In a remote manner house, a murder has been committed. Or has it? The residents and guests all seem fairly reluctant to admit anything of the sort. Nevertheless, there is a body and that usually entails something bad happened. Right? A world famous detective is called for to unravel the subterfuge and solve the mystery. But Sherlock was busy so Fabba Investigations will have to do! Join our heroes and help them find the culprit before it’s too late!
Un pracer colaborar con FABBA, grupo de teatro organizado desde Leading Lives en Lowestoft, Suffolk.

domingo, 12 de xaneiro de 2014

Expresión Escénica no San Xerome Emiliani

Continuamos coa actividade de expresión escénica con usuari@s do centro S.Xerome Emiliani da Guarda.

Nestas sesións atopamos un espazo onde integrar diversas formas de estimularnos, de coñecernos a nós mesmos e de explorar o que acontece no entorno máis próximo.
Traballamos intentando facer de cada momento algo significativo, creando atmósferas e climas sensorialmente estimulantes con elementos sinxelos, música e iluminación.
Para que tod@s teñamos a oportunidade de participar da creatividade, de estar presentes.




xoves, 9 de xaneiro de 2014

Facendo memoria!

Lembrades o match de improvisación que fixemos no Fuscalho o ano pasado?
Aí van algunhas fotos do evento, onde aparecen os dous equipos de intrépidos actores de improvisación!

Agardamos con impaciencia outro match tan divertido coma este.  Viva o Teatro!





xoves, 10 de outubro de 2013

Comezamos o obradoiro de Teatro de adultos!


O pasado mércores comezamos co grupo de adultos o obradoiro de Teatro!
Aínda quedan prazas para participar, apúntate!

mércores, 22 de maio de 2013

Cachola Teatro nas Letras Galegas 2013




Teatro polas Letras Galegas 2013! Este é o noso pequeno tributo a Roberto Vidal Bolaño. O texto da peza é un poema de Wislawa Szymborska (Premio Nobel de Literatura)


Cachola Teatro participa nas actividades do c.s Fuscalho, cunha escena da peza que están traballando no obradoiro de teatro de adultos.


Graciñas polo apoio do c.s Fuscalho e o San Xerome Emiliani por cedernos o espazo para ensaiar.
E agora...a pola estrea da obra Miniaturas de Identidade!!!